Este espazo de 60 m2 foi dende sempre o lugar destinado á cociña; ao abrigo dos seus muros facíase a comida, non só para os señores, senón tamén para todos aqueles que traballaban nas terras e instalacións do Pazo..
Arredor da lareira recréase, con parte do mobiliario orixinal, a época de esplendor dos fogóns pacegos.

























