Atópase no primeiro andar do edificio principal do pazo. É unha sala visitable pero non definitivamente configurada, xa que se está á espera de futuras campañas de escavación no castro, para ter o material e información suficientes cos que deseñar unha gran exposición (200m2) explicativa e divulgativa da cultura castrexa na comarca.
“Podemos atopar unha colección de muíños, morteiros e outros achados”
Hoxe podemos atopar unha colección de muíños barquiformes e circulares, morteiros e outros achados, complementados cuns paneis gráficos sobre a situación e características do castro e fotos sobre a primeira campaña de escavación. Esta sala complétase coa visita ao castro para observar, in situ, as edificacións consolidadas, froito das campañas de escavación.

