De camiño ao castro e situada na zona das construcións adxectivas atópase a sala do carro. Nos seus máis de 300 m² recóllese a cultura material, costumes e imaxes relacionados co carro e os seus traballos.
“O seu cantar enchía os sendeiros que percorría tirado por unha xugada”
O carro galego foi en tempos o medio de transporte e a ferramenta máis valorada do campesiñado en Galicia. O seu cantar enchía os sendeiros que percorría tirado por unha xugada, normalmente de vacas, en busca dos campos e montes para enchelo de herba, leña e mesmo toxos ou ben baleiralo de esterco para favorecer a seguinte colleita.